Chega o fin de semana e con él o
tempo para adicarlo a radio, e como non, á "Radio de
Altura"...
O
equipo de ARISS Europeo ("Amateur Radio on board International Space
Station") ten planeada a actividade -dentro dp programa Ham Radio
on the ISS- de envío de imáxes por radio a través do Modo Dixital SSTV, en protocolo de compresión
e codificación "PD180", empregado en
multitude de ocasións xa por astronautas que tiberon algunha misión
espacial a bordo da ISS. Entre eles constan algúns colegas
radioaficionados como o multimillonario Richard Garriott, o astronauta Doug Wheelock, André Coupiers, Pedro Duque, etc,...
A transmisión de imáxes en SSTV, estivo
activa en gran parte do mundo o pasado 30 de xaneiro ata o día 1 de febreiro
e tamén en decembro di pasado ano
2014. Esta vez informan que se realizará unha sesión de probas o
día anterior (20 de febreiro) para a instalación e axustes de
emisión en SSTV e as operacións de transmisión continuas, que deben dar
comezo o día 21 de febreiro ás 10:00 horas UTC.
Este sistema funcionará
ininterrumpidamente ata o 23 de febreiro ás 21:30 UTC. As
imáxes serán enviadas a través de un kenwood TM-D710 na
frecuencia de fonía Europea 145.800Mhz(ainda que debemos estar
atentos á indicada en cada rexión) en modo de transmisión FM e no
mismo modo de codificación PD180 con 3 minutos de marxe entre as
transmisións, así que debemos estar pendentes e muy atentos...
Cada transmisión englobará unha
imaxe diferente con un total de 12, conmemorando o 81 aniversario do nacemento
do cosmonauta ruso Yuri A. Gagarin, o Primeiro
Astronauta en Orbitar a Terra e que foi o gran impulso para a
esperanza da carreira espacial humana.

Os colegas e amigos radioaficionados
que desexen participar en esta modalidade de forma activa, poden
configurar os seus radios e computadoras como se indíca máis abaixo. Unha
vez recibidas as imaxes, podense enviar a unha base de datos
tipo web onde se poden publicar as imxes recibidas por cada
colega radioaficionado dende cualquer parte do mundo, seguindo as indicacións:
GALERÍA >>
ENVÍO>>
